oimbra
 
OIMBRA, no corazón de Monterrei
                                                .
   

Esta Web, vai dedicada ó pobo de “Oimbra”, capital do municipio ourensano do mesmo nome. Ubicado no “val de Monterrei” limítrofe cos concellos de Verín e Monterrei, así como co veciño Portugal, circunstancia que deu lugar a infinidad de anécdotas relacionadas co “contrabando e o estraperlo”. Tentaremos falar das nosas festas e traballos, do que temos para ofrecerlle a este “mundo de Dios” (entre outras cousas os mellores pementos do planeta, e un viño xeneroso), así como das curiosidades que vaian surxindo, tendo naturalmente como referencia “O noso Entroido”: enxebre, tradicional e incomparable.

Consecuentemente, imos adicar algunhas páxinas ó Entroido, outras á horta e ó viño, e en principio algunha quedará sin contido, esperando que coa colaboración de todos os que esteades interesados poidamos enchelas con pequenos artigos e contos populares ou fotos deses traballos que casi desapareceron como “a malla”, “a  sega” ou “a pisa”. Calquera que queira colaborar pode facelo remitindo a esta dirección de correo:

                jc_perez@inicia.es  ou  juan_65@navegalia.com

Si non tedes correo electrónico, non pasa nada. Falamos cando nos vexamos no pobo. Podédelo facer con calquera dos irmáns: somos “os da Lidia”... e o Francisco.

Importántisimo que todo vaia en tono de bó humor.

 Un saludo pra todos os veciños,


A festa mais grande
Labrando a plaza.
  Dos tres días que tradicionalmente compoñen “o entroido”, en Oimbra pódese decir que soio se celebran dous: “o lúns de bodegas” e “o martes de fachucos”. O lúns, acompañados pola charanga de “toda a vida”, percorremos tódalas bodegas do pobo, comendo, bailando e sobre todo bebendo. ¡Hai que beber aproximadamente en cento dez sitios!. Redord Guinness. Todo eso con carreiras inesperadas cando aparecen co caldeiro na man: “O nivardo, O Angel, O Javi, O Xando, O Adolfito e o Arturo” repartindo a mansalva sacos de “formigas” para caldear un pouco o ambiente. A noite remata na praza con alegría general. O martes e o día que pola mañán imos “ás Touzas” facer os fachucos e o muñeco do Entroido. Pola tarde, previo percorrido polas rúas do pobo, lévase todo pra praza. Logo do baile, merenda popular e viño ó tolo. Cando cae a noite, e cas luces apagadas, préndeselle lume ós fachucos, e logo de desfilar polas rúas, remátase na praza para queima do “Entroido”. Neste momento entran en acción dous especialistas da pólvora: “O Palomo eo Valenciano”, auxiliados polo “José Antonio do Rosal” que con poucos cartos, fan un barullo tremendo. Ainda que estas festas se sufragan ca aportación dos vecinos, non podemos olvidarnos dos organizadores: “os rapaces da Alicia e o Xando da Ineva”.

Desfile do Martes Z, Nivardo, J.C., Arturo, Liche e Pepe
As mulleres, parte fundamental da festa O Chinco, rei de "Porbaila"

  "Páxinas vinculadas"
Eiquí temos vínculos a outra temática relativa a Oimbra.
http://juan63.eresmas.com/uvas.htm Páxina do viño de Oimbra e a súa agricultura
http://personales.com/espana/orense/Snoker/Oimbra.html outra páxina allea  

Oficios vellos
Si quieres, escribe un texto para el pie de foto.
 


Este espacio, en principio está reservado a falar de antigüos oficios, xa desaparecidos como "a malla", "a sega" e outros, dos que se precisa recopilar información dos nosos sabios "os vellos". Unha vez que teñamos base documental, intentaremos reflexala. Por suposto procuraremos algunha foto vella.

Pon un título a tu álbum de fotos
Xa de cativos co fachuco ó lombo D. Camilo, sempre vinculado ó Entroido
Pepe y Mari  Si quieres, aquí tienes espacio para escribir

Las Perlas
Un chiste
Una frase Un juego Un truco